- DATA E HORA: SÁBADO, 28 DE NOVEMBRO. 10:00
- LUGAR: SALA DE CONFERENCIAS CENTRO CULTURAL CAIXANOVA (Policarpo Sanz 13, Vigo)
- CONTACTO: 986 223067. Persoa de contacto: Laura
- Fainos chegar as túas aportacións
Estimad@s Compañeir@s:
Dende o pasado 8 de outubro a Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo puxo en marcha unha campaña de mobilidade, baixo o lema “Por unha mobilidade efectiva”.
Reunidas todas as Federacións da Área Metropolitana de Vigo (Federación Veciñal “O Facho” – Cangas do Morrazo, Federación Veciñal “A Chamusca” – Moaña, Federación Veciñal “Pedra dos Acordos” – Val Miñor, Federación Veciñal “Eduardo Chao” – Vigo), que forman parte da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (COGAVE) acordaron crear un Comité de Campaña que comezara o seu traballo o próximo sábado, 28 de novembro, ás 10.00h na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova cunha xornada de traballo para tratar a mobilidade na área metropolitana. Por tal motivo, gustaríanos contar coa súa presenza e opinión ao respecto.
XORNADA
ORDE DO DÍA
- Presentación da Xornada
- O Transporte na área metropolitana: debate e propostas (*)
- Aprobación do manifesto “Pola mobilidade efectiva na área metropolitana de Vigo”
(*) Para enriquecer o debate e recoller propostas por parte das asociacións veciñais participantes, achegamos unha enquisa que podedes cubrir por internet ou remitir a Federación Veciñal “Eduardo Chao” (Praza da Princesa nº 7-2º, 36202 Vigo)
As vosas aportacións son moi importantes para poder traballar neste tema.
Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.
En Vigo a 19 de novembro de 2009.