O obxectivo é que no primeiro trimestre de 2010 entre en funcionamento o transporte metropolitano na área de Vigo como xa presta servizo en A Coruña, Santiago ou Ferrol .
O 28 de novembro levarase a cabo unha xornada de traballo con todas as asociacións veciñais da área metropolitana para analizar a situación e poñer riba da mesa as problemáticas e necesidades da veciñanza da área de Vigo.
As federación veciñais constituídas na área metropolitana:
- Federación Veciñal “O Facho” – Cangas do Morrazo
- Federación Veciñal “A Chamusca” – Moaña
- Federación Veciñal “Pedra dos Acordos” – Val Miñor e
- Federación Veciñal “Eduardo Chao” – Vigo
amosaron hoxe en rolda de prensa a súa preocupación polo retraso na creación do transporte metropolitano e denunciaron o grave prexuizo supón para a veciñanza de toda a área.
Para que o transporte metropolitano sexa unha prioridade e se materialice de xeito inmediato as federacións veciñais constituídas na área metropolitana de Vigo acordaron crear un comité de campaña que promoverá as seguintes actuacións:
- Convocar a unha XORNADA DE TRABALLO a todas as asociacións veciñais da Área metropolitana para o vindeiro SÁBADO 28 DE NOVEMBRO, ás 10:00 da mañá na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova (Policarpo Sanz nº 13, Vigo). Nesas xornadas darase a coñecer en profundidade a situación descrita e someterase a aprobación un manifesto “POLA MOBILIDADE EFECTIVA NA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO”.
- ESIXIR QUE NO PRIMIERO TRIMESTRE DE 2010 ESTE ASINADO O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E OS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA PARA O DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA NA ÁREA DE VIGO.
- Promover CANTAS ACCIÓNS SEXAN NECESARIAS NOS DISTINTOS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA. Particularmente, no Concello de Vigo vaise solicitar formalmente a convocatoria da Comisión municipal de transporte para abordar este tema e solicitar información da posición do Concello de Vigo.
- Solicitar unha ENTREVISTA COA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E TRANSPORTE para dar a coñecer as demandas do movemento veciñal da área metropolitana e recabar información detallada dos propósitos deste departamento autonómico.
Por último, dar a coñecer á cidadanía da área metropolitana a situación do transporte público. Nela abrirase un espazo para que os veciños e veciñas conten os seus casos e as entidades veciñais e outros colectivos realicen as súas propostas como se está a facer en Vigo.