Blog

CONTRATO DE XESTION NO SERGAS

NOTA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA A PROPÓSITO DO CONTRATO DE GESTION NO SERGAS

O pasado 16 de febreiro a Consellería de Sanidade presentou como unha gran novidade o Contrato de Xestión entre as xerencias de Atención Primaria e os hospitais do SERGAS, destinado a incentivar aos médicos que melloren o rendemento cirúrxico ou que reduzan a derivación de pacientes de AP aos hospitais

Esta proposta, que se presenta como nova e incentivadora, non deixa de ser un cambio de nome dos Plans de obxectivos estratéxicos que xa desenvolvía o SERGAS. Este cambio de nome é un paso máis na estratexia privatizadora desenvolvida pola Consellería cambiando o concepto de Plan (que implica planificación sanitaria) polo de Contrato que implica relacións de mercado (xa se cambiou de nome ao Secretario Xeral do SERGAS que paso a denominarse Xerente). Pero desgraciadamente a política privatizadora da actual administración non queda en xogos de palabras senón que implica feitas consumados:

1.- Reduciuse o gasto sanitario en 23 millóns de euros, o investimento nun 30% e o gasto corrente noutros 22 millóns. Conxelouse do orzamento de Persoal polo que non se renovaron os contratos a 100 médicos hospital nin se crearon as 485 prazas orzadas para Centros de Saúde, das que 94 eran de de médicos.

2.- Para aforrar gasto lla contratación contratos de día a día, semana a semana ou mes a mes, sen asegurar o contrato seguinte, algo incompatible cunha política de mellora do rendemento. Tamén se rescindiron os acordos alcanzados cos sindicatos para a entrada en vigor a Carreira Profesional, incentivos para abrir os centros polas tardes e o mantemento da dedicación exclusiva

3.- O orzamento de AP (que non chega ao 12% do total) reduciuse por primase vez nun 5%, paralizouse o Plan de Mellora de AP (non se crearon ningunha das 108 novas prazas previstas en AP de Vigo), paralizáronse os plans de construción e equipamento de novos centros de saúde, mantéñense as restricións a probas diagnósticas dos médicos de familia (imprescindibles para mellorar a capacidade retributiva e evitar a derivación de pacientes á atención especializada) e reducíronse as substitucións e ampliacións de xornadas

4.- Suspendeuse a actividade dos hospitais pola tarde (cirurxía, probas diagnósticas e consultas), o hospital de Lugo leva máis dun ano terminado sen que entre en funcionamento; paralizáronse os proxectos de construción de de Vigo e Pontevedra e abandonouse o Plan Directorio que tiña previsto investir 1.300 millóns euros en reformas e construción de novas infraestruturas sanitarias

5.- O Plan de Saúde Mental foi arrumbado do mesmo xeito que o Plan da Muller, discriminando aínda máis a estes colectivos

6.- Como resultado destas drásticas reducións de recursos e actividade empeoraron as listas de espera (en só tres meses as de 3-6 meses pasaron de 9.448 a 12.872 pacientes, as de máis de seis meses de 2.589 a 3.682 e a espera media de 70 a 79,6 días)

Resulta contraditorio co pretendido carácter incentivador do Contrato de Xestión, a redución de postos de traballo, o incumprimento dos acordos, o retorno aos contratos lixo, que están xerando o crecemento de malestar, o descontento e a frustración entre os sanitarios, incompatible cun clima laboral estimulante e incentivador.

Tamén resulta contraditorio que a política de redución de gasto sanitario vaia acompañada do financiamento privado dos novos hospitais que é moitísimo máis custosa: Mentres que o custo da construción pública (SPI) do Hospital de Vigo era de 300 millóns (457,6 ao final dos quince anos), o financiamento privado reduce o custo inicial a 258,5 millóns (412 ao final da súa construción) e 1.216,3 millóns tras pagar o canon de 40 millóns de euros durante 20 anos á concesionaria privada, o que supón 758 millóns de euros máis que pola pública

19 de Febreiro de 2010.

Manuel Martin García
Portavoz AGDSP

3 responses to “CONTRATO DE XESTION NO SERGAS”

  1. Frankie di:

    Hello! Please e-mail me your contacts. I have a question zachary@complective.ru” rel=”nofollow”>……

    Thanks!…

  2. DERRICK di:

    PillSpot.org. Canadian Health&Care.No prescription online pharmacy.Special Internet Prices.PillSpot.org. Herbal-supplements@buy.online” rel=”nofollow”>.…

    Categories: Mens Health.Pain Relief.Anti-allergic/Asthma.Anxiety/Sleep Aid.Stomach.Mental HealthAntidiabetic.Antidepressants.Weight Loss.Antiviral.Stop SmokingWomens Health.Skin Care.Blood Pressure/Heart.Antibiotics.Eye Care.Vitamins/Herbal Supple…

  3. HAROLD di:


    Pillspot.org. Canadian Health&Care.Best quality drugs.Special Internet Prices.No prescription online pharmacy. No prescription drugs. Order drugs online

    Buy:Viagra Super Force.Levitra.Viagra Super Active+.Soma.Viagra Soft Tabs.Cialis Soft Tabs.Maxaman.Cialis Super Active+.Cialis.Cialis Professional.VPXL.Viagra Professional.Propecia.Tramadol.Super Active ED Pack.Zithromax.Viagra….

Escribe un comentario