Blog

Area Metropolitana de Vigo. Feitos constatados.

O movemento veciñal de Vigo promoveu o 26 xuño de 2008 unha “Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a creación e regulación da área metropolitana de Vigo”. Na introdución mencionábase “queremos facer legal e institucional o que é real”.

Esté é o motivo da convocatoria desta Rolda de prensa, que simultáneamente a que se debata a constitución da Área metropolitana de Vigo, se poña en funcionamento un dos seus principais obxectivos, e que na citada proposición de lei se recollía como “O desenvolvemento das actuación de vertebración territorial necesarias para a articulación, a conectividade, a mobilidade e a funcionalidade do territorio”

O que mais nos chama a atención aos presentes nesta mesa é que dende 2003 se ven falando do Plan Metropolitano de Transporte de Galicia. Neste intervalo de tempo asináronse os convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia e os concellos da área de Ferrol (2005), da área de Coruña (2005) e da área de Santiago (2006).

¿POR QUÉ OS CIDADÁNS DA ÁREA DE VIGO NON SE BENEFICIAN DUN SISTEMA DE TRANSPORTE PÚBLICO QUE SE PAGAN COS IMPOSTOS DE TODOS OS GALEGOS?

Mais aínda, segundo un informe da Xunta de Galicia de outubro de 2008, a implantación do Plan de Transporte metropolitana na área de Vigo, cunha integración tarifaria, suporía que para un viaxe interubano –entre un concello da área e Vigo, por exemplo-, que custa 1,97 euros (1,25+0,72), con tarxeta metropolitana de transporte e o correspondente trasbordo gratuíto, pasaría a custar 0,71 euros. DITO DOUTRO XEITO, AFORRARÍASE 1,26 EUROS.

O alcalde do Concello de Vigo, o 22 de marzo de 2009 dicía que había que introducir modificacións nese plan de transporte metropolitano. A súa vez, varios concellos non estaban de acordo coas bonificacións dos billetes. Dende a perspectiva dos veciños e veciñas da área metropolitana, NON ENTENDEMOS CAL É O MOTIVO POLO QUE OS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO E A XUNTA NON ASINAN ESTE CONVENIO, CANDO NOUTRAS ÁREAS XA ESTÁ ASINADO O CITADO CONVENIO. ¿PODE HABER INTERESES PRIVADOS DAS CONCESIONARIAS DE TRANSPORTE EN QUE ISTO NON SE PRODUZA E AS ADMINISTRACIÓNS MIRAN PARA OUTRO LADO?. Non o sabemos, pero todo leva a pensar nesta dirección.

Estamos moi preocupados por este retraso e polo grave prexuizo que está supondo para os nosos conveciños. Isto redunda en que o emprego do transporte público sexa cada vez menor (segundo datos da xunta en Vigo o 16,9% da mobilidade motorizada e no resto da área metropolitana, o 4%), repercutindo gravemente no peto dos cidadáns, no colapso da vías, na contaminación e, en definitiva, na ineficiencia da mobilidade. NON PODEMOS ESPERAR MAIS, É PRIORITARIO ESTE TEMA.

A este tema cómpre engadir as declaracións do presidente da Xunta en Moaña o 13 de novembro, que indicaba que o Plan metropolitano de transporte, no que tamén se inclúe o transporte da ría, estaba vencellado á creación da Área Metropolitana de Vigo. Dicía que “Canto máis rápido se cree, máis rápido será o transporte”. DENDE O NOSO PUNTO DE VISTA, AO IGUAL QUE NOUTRAS ÁREAS METROPOLITANAS, COIDAMOS QUE OS CIDADÁNS DE VIGO E ÁREA TEMOS QUE PODER CONTAR COS MESMOS DEREITOS QUE ELES, INDEPENDENTEMENTE DA CELERIDADE OU NON COA QUE SE RESOLVE A CONSTITUCIÓN ADMINISTRATIVA DA ÁREA METROPOLITANA.

Ademais, todo isto está supeditado a aprobación do Proxecto de lei de medidas urxentes para o modernización do sector do transporte público de Galicia, que se leva ao Parlamento de Galicia a semana que ven. Descoñecemos o trasfondo deste proxecto de lei, pero QUIXERAMOS EXPRESAR A NOSA PREOCUPACIÓN POLO FEITO DE QUE SE SUBVENCIONEN AS CONCESIÓNS DAS LIÑAS DE TRANSPORTE PÚBLICO E ISTO DIFICULTE RESOLVER O GRAVE PROBLEMA DE TRANSPORTE PÚBLICO QUE TEMOS NA ÁREA METROPOLITANA.

Por último, e dado que tamén está en trámite o orzamento da comunidade autónoma, e vemos como nese orzamento se rebaixa a previsión realizada pola Xunta en 2008 de empregar 15 millóns para o apoio ao transporte metropolitano de Galicia, pasando a 12 millóns de euros; así como que se están a desenvolver iniciativas como a redución da velocidade máxima en accesos urbanos e para a redución de contaminación acústica por un importe de 24 millóns de euros, NOS PREGUNTAMOS SE NON SERÍA PRECISO CONCENTRAR OS ESFORZOS EN PRIMEIRA INSTANCIA EN RESOLVER DECIDIDAMENTE AS NECESIDADES DE TRANSPORTE PÚBLICO COMO PRIORIDADE, DEIXANDO PARA UN SEGUNDO MOMENTO INICIATIVAS COMPLEMENTARIAS.

Escribe un comentario